• Español
  • English
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
    • Ultimas novas
    • Actividades
    • Para pais
  • Próximamente
  • Que é Doira?
    • Os pais
    • Os monitores
    • Os socios
    • O Opus Dei
  • As actividades
    • Estudio Leader 100
    • Aeromodelismo
    • Hollywoodoira
    • Comunicación
      • Fonoteca dixital
      • Obxectivos
    • Mozos Científicos
      • Videos
      • Patrocinadores
  • Album de fotos
  • Ligazóns
  • Onde estamos?
  • Escríbenos

Voluntarios pola vida no 17-O

20 Outubro 2009  |  Rodrigo Ayude
Publicada en Actividades, Novas, Portada

vivir

Como estaba previsto, o venres 16 de outubro, polo serán, 17 socios do Doira partimos dende Vigo a unha convivencia de voluntarios para axudar na organización da Manifestación 17-O en defensa da vida, a muller e a maternidade, celebrada en Madrid.

Chegamos á capital aproximadamente ás 22.30 horas do venres, para aloxarnos no Clube Amura – Mirasierra-, onde nos quedamos todo o fin de semana. O sábado pola mañá xogamos un partido de fútbol no Colexio El Prado e, ás 14.15, despois de comer, saímos cara o lugar da manifestación, a Porta de Alcalá, onde nos repartiron as acreditacións e mailo material dos voluntarios. Tamén alí distribuimos as tarefas. Encargáronos “custodia-la”  segunda pancarta da manifestación, é dicir, tivemos que ir coa segunda pancarta i evitar que os manifestantes invadisen a cabeceira para ocupar o seu lugar.

En esa zona ían tamén a maioría dos xornalistas dos diferentes medios de comunicación. Acompañamos a pancarta dende a Porta del Sol ata a Porta de Alcalá onde, dende o estrado, os organizadores e invitados leron o Manifesto.

Despois do multitudinario acto en defensa da vida, ceamos. Ó final, co cansancio acumulado pola intensidade do día e as tarefas, voltamos en metro ó noso hospedaxe. O domingo estudamos 3 horas pola mañá. Despois de comer saímos de volta cara Vigo, abraiados pola experiencia. Chegamos en torno ás 20 horas.

Por David Fernández Alonso

Ultimas novas das actividades

  • Doirabronx: Chicago anos 20
  • A primeira radio xuvenil no Internet
  • Novo proxecto dos Mozos Científicos

O que ven

  • Volve o Meeting Interclubes Compostela
  • Plan especial de actividades de Nadal
  • A primeira radio xuvenil no Internet
  • Novo proxecto dos Mozos Científicos

Só para monitores

  • Cómo añadir mi foto
  • Sólo para monitores

Doira Report



Asociación Juvenil Doira. Obra corporativa del Opus Dei en Vigo (Galicia) © 2010