• Español
  • English
  • Galego
  • Inicio
  • Novas
    • Ultimas novas
    • Actividades
    • Para pais
  • Próximamente
  • Que é Doira?
    • Os pais
    • Os monitores
    • Os socios
    • O Opus Dei
  • As actividades
    • Estudio Leader 100
    • Aeromodelismo
    • Hollywoodoira
    • Comunicación
      • Fonoteca dixital
      • Obxectivos
    • Mozos Científicos
      • Videos
      • Patrocinadores
  • Album de fotos
  • Ligazóns
  • Onde estamos?
  • Escríbenos

Obxectivos

A Actividade de Comunicación encádrase dentro das II Xornadas de Comunicación para Mozos, un programa que realiza a Asociación Doira co asesoramento e o patrocinio do Consorcio Audiovisual de Galicia e de Radio Ecca e que contan con titulación deses organismos. Este programa trata de achegar aos mozos ao sector audiovisual, dándolles os fundamentos teóricos sobre os aspectos sociais e empresariais do mundo da comunicación e traballando competencias prácticas a través dun proxecto.

O obxectivo principal da actividade consiste en impulsar entre os mozos unha cultura comunicativa e cinematográfica de altura que fomente un espírito de innovación e creatividade, á vez que desenvolve un espírito crítico e fomenta unha cultura solidaria a través destas ferramentas, no ámbito das liñas de actuación establecidas pola UE no campo da comunicación e o cinema.

Ademais de potenciar as competencias comunicativas, tamén se traballan as competencias humanas e sociais necesarias para a investigación e a actividade innovadora e búscase que incorporen esas habilidades na súa vida. A promoción destas capacidades realízase a través dun programa ben definido – o Leader100 Program – e mediante un proxecto técnico práctico, atractivo e ambicioso, mostrándolles como usar esas capacidades para chegar a ser bos comunicadores, cidadáns responsables e futuros excelentes profesionais.

Os fíos condutores da actividade de comunicación son dous proxectos (teórico e práctico) que a través da praxe permite a consecución dos obxectivos marcados entre o público xuvenil. Sempre contando cun método de aprendizaxe e traballo á alza: o think tank e o traballo en equipo.

A actividade está organizada de modo que os participantes adquiran iniciativa propia, melloren os seus desexos de saber, entendan a importancia da comunicación, o xornalismo e o cinema como un servizo á sociedade e adquiran de modo práctico un conxunto completo de competencias humanísticas, sociais, tecnolóxicas e humanas esenciais para o desenvolvemento de calquera actividade de altura.

Este obxectivo principal concrétase en varios obxectivos xerais:

  • 1. Que os participantes vexan aplicacións prácticas dos seus estudos, reciban unha formación xornalística específica e sírvalles como modelo de ensino e como método de aprendizaxe.
  • 2. Mostrar a conveniencia dunha formación humanística xunto coa técnica.
  • 3. Impulsar nos mozos a implicación no desenvolvemento social e unha cidadanía europea activa, a través da súa implicación concreta en accións de divulgación da comunicación, o cinema, o xornalismo e a tecnoloxía facendo uso do proxecto realizado no Curso.
  • 4. Contribuír na mellora e enriquecemento da relación entre os menores e o medio televisivo, así como con internet e as novas tecnoloxías. Desenvolver nos asistentes un espírito crítico, innovador e responsable no campo da comunicación e o cinema.
  • 5. Facer das medios ferramentas de comunicación ao servizo do seu desenvolvemento persoal e cívico. Contribuír á sociedade con proxectos que fomenten a igualdade de oportunidades no acceso á información a través dos medios e un impulso á escola xuvenil do cinema europeo.
  • 6. Promover os valores e principios éticos que contribúan á protección de nenos e novos e á súa formación como cidadáns.
  • 7. Fomentar e facilitar a preparación e capacitación de profesionais vinculados a estas actividades.
  • 8. Mellorar a calidade da participación xuvenil na sociedade a través dunha actividade organizada por mozas que lles ofrece a ocasión de xestionar e protagonizar accións de divulgación que reverten directamente na súa sociedade local e, por tanto, en toda a sociedade. Os mozos implicados na organización das Xornadas terán ocasión de interactuar con mozas, con profesionais e coa cidadanía en xeral.

A consecución destes obxectivos xerais require unha planificación seria e detallada e un bo seguimento da actividade. Ao mesmo tempo, estes obxectivos plásmanse noutros máis concretos, máis fáciles de entender e alcanzar para os mozos participantes, que servirán por iso para alimentar a súa ilusión sen reducir os obxectivos xerais:

  • a) Comunicativo: aprender a mirar, a razoar, a expor os temas con mentalidade xornalística.
  • b) Humano: Aprender a traballar en equipo, compartindo habilidades e coñecementos.
  • c) Humanístico: Aprender a valorar a lectura, o comportamento social e a sensibilidade polas diferentes formas de manifestación da arte e a cultura. O programa favorece a participación activa dos mozos na propia organización da actividade.

Ultimas novas das actividades

  • Doirabronx: Chicago anos 20
  • A primeira radio xuvenil no Internet
  • Novo proxecto dos Mozos Científicos

O que ven

  • Volve o Meeting Interclubes Compostela
  • Plan especial de actividades de Nadal
  • A primeira radio xuvenil no Internet
  • Novo proxecto dos Mozos Científicos

Só para monitores

  • Cómo añadir mi foto
  • Sólo para monitores

Doira Report



Asociación Juvenil Doira. Obra corporativa del Opus Dei en Vigo (Galicia) © 2010