Patrocinadores
|
As Xornadas de Novos Científicos son organizadas pola Asociación Xuvenil Doira, promovidas polo Club Financiero Vigo e patrocinadas1 por El Secreto del Mar, RS-Amidata, a Agencia Europea del Espacio, La Voz de Galicia e Caixanova. O seu soporte, como en edicións anteriores, é esencial e moi eficaz. As Xornadas son impulsadas e promovidas dende a empresa privada, que deste xeito manifesta o seu compromiso coa promoción da ciencia e da tecnoloxía entre a nosa mocidade. A axuda insustituível dos patrocinadores esténdese a aspectos como a docencia, a organización de visitas e charlas informativas ou a participación activa na construción de dispositivos ou prototipos dos proxectos desenvolvidos. |
1 A posibilidade de colaborar como patrocinador nas terceiras Xornadas de Novos Científicos mantense aberta a todas aquelas empresas e institucións que o consideren oportuno.




